25 febreiro 2018

Visita de Ángel Carracedo





O día 19 de febreiro tivemos o privilexio de recibir na nosa biblioteca a D. Ángel Carracedo. Nacido preto de aquí, en Santa Comba, en 1955 é catedrático de Medicina Legal na USC, investigador e experto internacional en xenética. Membro da Real Academia Galega das Ciencias. Actualmente dirixe a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (SERGAS) , o Centro Nacional de Xenotipado-ISCIII, coordina varios grupos de investigación punteiros a nivel nacional e internacional...e moitas outras labores cientiíficas das que podedes atopar máis referencias no seguinte enlace: Ángel Carracedo


Pero, sen dúbida, o que imos lembrar do seu paso polo noso cole é que é UNHA BELLÍSIMA PERSOA! Cercano, agarimoso, humilde e cunha gran vitalidade e empatía co alumnado galego. Desde o comenzo, cando as alumnas de 4º de ESO decidiron contactar con el persoalmente mediante un correo electrónico...e, esa mesma tarde contestou aceptando e facilitando unha data cercana na súa impresionante axenda xa vimos que "non era normal". Porque, segundo nos dixo, aínda que as súas reunións, conferencias, viaxes e reunións con científicos e investigadores de todo o mundo ocupan gran parte do seu tempo, sempre intenta reservar un oco para achegarse aos centros de ensino e falar directamente co alumnado,  trasmitirlles o seu amor polo traballo ben feito, polo esforzo necesario para conseguir os seus soños,  para que loiten polo que cren e se poñan retos, para que sexan ambiciosos na busca de novos coñecementos para o ben común. Un exemplo de persoa compometida!



 

E recibímolo como mellor supimos, na nosa bilbioteca, con cercanía, admiración e compromiso de seguir os seus consellos. Quen sabe se algún día, algunha ou algún dos nosos rapaces estará nun dos seus grupos de investigación!! Sería estupendo que viñera a contalo!




De momento deixamos unhas imaxes e vídeos do seu paso por Pontecarreira. Grazas, moitísimas grazas, Ángel Carracedo!


- En diferentes momentos da charla:

                                                         vídeo 1               vídeo 2 

     

- Compartindo unhas risas co alumnado de 4º. Momento especial!

                                                           vídeo 3            vídeo 4




E para coñecer outra faceta súa deixámosvos o enlace a varios artículos breves escritos na Voz donde poderedes apreciar a súa particular visión sobre temas tan variados como a nosa cultura ou a nosa retranca:

                                                                 artículos







Ningún comentario:

Publicar un comentario

21M. DÍA SÍNDROME DE DOWN

 Hoxe recomendámoche...