16 novembro 2017

QUEREMOS UN PATIO NOVO!!!

Esta vez deixámovos co vídeo e as palabras de compañeiros do CEIP COIRÓN, que piden un patio novo.

Botade un vistazo!


Esta aventura comezou o curso pasado. Foi unha tarefa de todo o ano escolar, de todos e todas, con participación da comunidade  en cheo e cuns/nhas  protagonistas evidentes, os nenos e as nenas do noso centro.
O punto de partida, un patio de cemento que resulta inaxeitado,incómodo e ata perigoso....que podiamos facer?...cambialo! como? Pois  botándolle imaxinación e soñando...e se algo teñen os/as rapaces/as é esa capacidade máxica de poder facer os soños realidade...
Niso andamos. tentando facer realidade eses desexos  para poder, pouco a pouco, ter "O patio que queremos".
E se hai que cantar, cantamos. Con este video acadamos o primeiro prmio na categoría escolar do certame de Cine OUFF Escola, evento enmarcado no Festival Internacional de Cine de Ourense. Estamos encantados co premio do que vos queremos facer partícipes. 
Que ben vén un pouco de  recoñecemento!
Se queredes "nanananear" mirade  e escoitade, subide o volume e por que non BAILADE!!!
Deica!







Ningún comentario:

Publicar un comentario

21M. DÍA SÍNDROME DE DOWN

 Hoxe recomendámoche...