27 maio 2017

COMPARTINDO SABERES

Este ano estamos traballando en secundaria de forma interdisciplinar nun proxecto de educación ambiental e saúde, investigando sobre hábitos de vida saudable (alimentación, nutrintes, hixiene postural...), analizando datos relacionados coa agricultura tradicional e ecolóxica no mundo e en Galicia en particular, e levando a cabo un proxecto de horto ecolóxico partindo desde os coñecementos máis teóricos sobre a calidade do solo, ubicación idónea, etc ata a posta en práctica do mesmo. 

Comezamos creando o noso propio composteiro para ter un solo ben aboado e ser conscientes de que podemos facelo tamén na casa. E desde esa base tan orgánicas...todo foi "medrando".


                                           







O proxecto é moi completo e amplo, abarcando desde aspectos máis biolóxicos como os tipos de asociacións de cultivos, os insectos que axudan e os que poden perxudicar ao noso horto, plantas e cultivos alternativos que podemos cultivar en Galiza...ata aspectos moito máis artísticos como recompilación de diferentes obras de arte ao longo da historia relacionadas coa agricultura, citas de autores galegos ben cercanos á terra, poñendo en valor a nosa relación coa natureza, regueifas en galego, canciones e refráns en outros idiomas que ten a Terra ou a alimentación na súa base, xardíns e parques nacionais e internacionais que cumpre coidar e difundir... E non podemos esquecer a parte práctica que desde as matemáticas fixeramos para relacionar datos, estadísticas, medicións e comprensión en definitiva de xeito obxectivo de diferentes aspectos do proxecto.

Iremos engadindo novas actividades e fotografías do resultado final. E tamén invitarémosvos a velo en directo no cole, explicado e presentado polo alumnado. Estade atentos! A principal intención de todo este traballo..."alimentarnos" de todos os saberes que temos como comunidade e compartilos.







1 comentario:

  1. Parabéns a todo o alumnado e ó profesorado. Un moi interesante e bonito proxecto. GRAZAS por deixarme ser participe do mesmo. Ánimo e a seguir cultivando saúde!!

    ResponderEliminar

8M

No día de hoxe, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, recomendámosche... E non podía faltar...