23 xaneiro 2017

LIBROS QUE VEÑEN E VAN...

Chegaron ao cole. Case mil libros. Que ilusión! Libros dunha biblioteca municipal que pecha cara a outra biblioteca pública escolar que crece...

Os agasallos sempre son benvidos, e máis se nos traen palabras, soños, aventuras, ensaios e moita, moita poesía....

Tocaba colocalos "no seu sitio", nos andeis da biblioteca. E que mellor modo que pasar por as vosas mans. Agora si que podedes decir que este ano "tocasteis" uns mil libros!!! Agora tan só fai falta acercarse a eles, abrilos e disfrutalos!!! Pouco a pouco, eh, non fai falla que sexan todos este ano..,)))











GRAZAS!! 

ESTA CADEA DE TRABALLO SI QUE É BOA!!

19 xaneiro 2017

MARILAR ALEIXANDRE ingresa na REAL ACADEMIA GALEGA






A





Comezamos este novo ano cunha boa nova. Marilar Aleixandre, bióloga e escritora, ingresou o 14 de xaneiro de 2017 na Real Academia Galega, pasando a ocupar a cadeira do falecido Xosé Neira Vilas. Ámbolos dous pasaron polo noso centro hai anos e deles temos un magnífico recordo, como escritores sabendo que contar e sobre todo, a nivel humano, como facelo.

Ten recibidos premios como o Merlín ou o Premio da Crítica por A expedición do Pacífico, o Lazarillo por A banda sen futuro ou o Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil por A cabeza de Medusa.

E como sempre...o mellor é pasar pola biblioteca e levar un dos seus libros...para coñecela mellor e poder reconocer o seu mérito.

Se queres tamén podes atopar máis información na súa páxina  na AELG : Biografía na AELG ou ler o seu   Discurso de ingreso na RAG. Por suposto, podes visitar o Blog de Marilar Aleixandre.

Que aproveite a lectura!




8M

No día de hoxe, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, recomendámosche... E non podía faltar...