16 abril 2016

A Librería AENEA visita a biblio

A todos encántanos ver libros novos, as portadas cheas de cor, os títulos suxerentes de autores coñecidos e descoñecidos, os exemplares do último libro da miña autora favorita... As veces non é sinxelo achegarnos a unha librería preto de nós, así que: "....se Mahoma non vai á montaña...."

O venres 15 de abril "a montaña" veu á biblioteca de secundaria, en forma de "librería andante", con Lola,  da Librería AENEA de Santiago. 


Foi un verdadero pracer ver cómo saían desas maletas viaxeiras os exemplares seleccionados con mimo por esta librera, enamorada do seu traballo e dos libros. 





Pronto chegaron os alumnos e alumnas, achegándose tímidamente a observar a esos "intrusos" na biblio, atraídos polas portadas e a voz cálida de Lola.



E despois todos xuntos, mirando e elixindo un daqueles exemplares que vos chamaran a atención, polo motivo que fose: o tema, o título, o formato, o xénero...

Sentámonos a compartir un bo rato  de suxerencias, agarimo polas historias, polos autores, pola selección e importancia das editoriais ... 


Coñecimos a historia de Shackelton, a importancia de recoñecer certas emocións, a nena que escribiu unha carta a raíña porque o seu irmán tiña cancro, a diferencia entre o cómic e a novela gráfica, as reseñas...



E finalmente lanzámonos en busca de aqueles exemplares que non queriamos deixar escapar xa da biblioteca, que queremos descubrir, ler, reler, observar e descubrir nestes días. A por eles!!!

















Ningún comentario:

Publicar un comentario

21M. DÍA SÍNDROME DE DOWN

 Hoxe recomendámoche...