31 xaneiro 2015

Emocionante semana da Paz coñecendo a Malala

Deixámosvos aquí unhas fotos das actividades realizadas durante a semana en Secundaria. 










Divididos primeiro en grupos heteroxéneos coñecimos a historia de Malala Yousafzai, reflexionamos sobre as súas ideas e acudimos ao blog da súa Fundación para ver en qué proxectos traballan:



                    

Mentres tanto, na biblioteca outros grupos preparamos un libro xigante onde deixaríamos exposto o mapa cos países nos que traballa a Fundación de Malala e máis as reflexións recollidas polos compañeiros. Esto foi o que aconteceu o xoves:




E este foi o resultado desta actividade creativa!!!


E finalmente o venres (despois dun merecido chiculate con churros compartido cos compañeiros de Primaria...;))))), vimos todos xuntos o discurso que Malala deu nas Nacións Unidas, no ano 2013, tan só un ano despois de que a dispararan. Impresionounos a súa entereza e máis a súa seguridade en defender diante daquel auditorio os seus principios de paz, superación e loita sen descanso, coa súa voz como arma poderosa e valente. Reflexionamos sobre o poder da educación, de todas e todos, pero principalmente das mulleres e o medo dos terroristas e máis dos poderosos a ese empoderamento, pois só quen coñece e reflexiona pode exixir.


 

Unha semana moi enriquecedora e emocionante!



"A educación pode cambiar o mundo"














30 xaneiro 2015

Lecturas pola paz

Hoxe o noso alumnado colaborador da biblioteca percorreu os distintas aulas cunha selección de contos por e para a paz. Os demáis alumnos disfrutaron da súa lectura.












27 xaneiro 2015

MALALA

Achegámonos a data da celebración anual do Día da Paz .

 Este ano decidimos coñecer e recoñecer un pouco máis a Malala Yousafzai, esa moza activista pakistaní tristemente tiroteada por defender a educación para todos, mais felizmente recoñecida mundialmente con varios premios, entre eles o Premio Nobel da Paz en 2014.

Durante toda a semana imos repasar a súa biografía e mais algúns dos seus feitos. Repartirémonos por grupos, na biblioteca, en informática, en clases...e intentaremos acadar un resultado común (presetación, actividad creativa...) a final da semana e compartir entre todos o que xurdiu deste "encontro" con Malala.  

Subiremos fotos ao rematar.

De momento aquí tedes a webquest coa que imos comenzar a busca:

07 xaneiro 2015

FELICES e BOAS LECTURAS para o 2015!


Disfrutamos lendo na Biblioteca  todos xuntos cada día. Deixámoste este artículo de EL PAÍS por si te axuda e un par de fotos sobre libros de Ciencia que saíron dos andeis cara ao corredor do cole e están desexando compartir con vós toooooooodo o seu saber.


02 xaneiro 2015

Lembranzas do Nadal

Xa estamos no 2015 ! Feliz Ano rapazada!!!!E agora a intentar acadar eses bos propósitos que facemos sempre por estas datas. Se verdaeramente o queremos e nos esforzamos...o conseguiremos! e senon seguro que paga a pena intentalo.

De momento imos lembrar esas "datas tan remotas"...alá polo Nadal...haiiiiiiii....menos dun mes!!! coas fotos dos marabillosos traballos que fixéstedes coa tarxeta navideña de inglés e os adornos de francés. Bo traballo, si señor.



21M. DÍA SÍNDROME DE DOWN

 Hoxe recomendámoche...