20 decembro 2015

DOS ÁTOMOS Á LUZ



O pasado venres, último día de clase, disfrutamos finalmente coa charla-espectáculo (que se resistiu no seu momento) sobre ciencia, dentro de Galiciencia. Pero agora tedes aquí o enlace á conferencia para disfrutala outra vez. 

Canto aprendimos e canto nos divertimos!!




Os mellores DESEXOS para o 2016!

O alumnado de 1º de ESO instalaron na porta da Biblioteca un mural cos traballos de plástica de 1º e 3º deste trimestre. Poñen ao voso alcance un espazo donde "Pedir os vosos desexos"para o ano que está a punto de chegar.


                               



Primeiro disfrutade co video dos alumnos facendo a montaxe da expo...e logo... a imaxinar e pedir o que queredes...(e por favor, se podes, comparte o teu comentario debaixo desta entrada. Grazas!)

PIDE O TEU DESEXO


Desde o equipo de biblioteca, e xunto ao resto de profesorado do centro, aproveitamos para felicitarvos a Navidad e desexarvos un Feliz 2016! Nós temos "pequenos pero grandes" agasallos para todos vós...e un desexo: que sigades gozando do pracer da lectura!!








04 decembro 2015

Unha vista desde o espazo

Este video está especialmente adicado ao alumnado de 1º de ESO que están estudando a atmosfera e os climas. Pero seguro que todos imos disfrutar das increíbles vistas da Terra desde a Estación Espacial Internacional. 
O video é unha interpretación do astronauta canadiense Chris Hadfield da famosa canción de David Bowie "Space Odity". Paga a pena a canción e as vistas:




E como seguro que ao velo quedaredes con ganas de saber máis da estación...deixámosvos o enlace ao interesante video de National Geographic donde varios astronautas nos mostran e explican como son os seus días "alá arriba". Sí...eu tamén quero ir!!...,)))





29 novembro 2015

Ata SEMPRE, NEIRA VILAS!





Con esta foto lembramos o paso de Xosé Neira Vilas por Pontecarreira, alá polo 2011. 

Aquí vos deixamos tamén información sobre a súa biografía recollida nunha entrevista da revista Sermos e máis algúns videos e entrevistas para poder escoitalo.

E o mellor de todo, temos a súa obra, o seus libros para ler e reler...e gozar...e aprender...e vivir!!



Xosé Neira Vilas (1928-2015), autor da obra máis vendida da historia da literatura galega, Memorias dun neno labrego, faleceu esta mañá na súa casa en Gres (Vila de Cruces). Tiña 87 anos. 
Nunha entrevista publicada por Sermos Galiza no número 166 do semanario en papel aseguraba ter sido "un activista da cultura galega até hoxe". Nesa conversa, que reproduciremos íntegra esta tarde no diario dixital, Neira Vilas afirmou que a súa obra por excelencia, Memorias dun neno labrego "vai máis alá de min. Como di Freixanes: 'Balbino desbórdate', non precisa de min". 
Autor do maior best-seller das letras galegas, ‘Memorias dun neno labrego’, Neira foi un prolífico escritor que publicou máis de 70 libros para adultos, para nenos, ensaio, novela... 
Neira Vilas (Gres, 1928-2015) foi un traballador incansable a prol da cultura e da lingua galega, tanto no exilio como de volta en Galiza. Na súa vida está escrita a historia de Galiza nos últimos 75 anos. Con 20 emigrou a Arxentina, onde abrazou a causa do nacionalismo e onde creou as Mocedades Galeguistas, das que foi secretario xeral, e fundou a editorial Follas Novas. Alí convertiuse “nun activista da cultura galega e da dignidade de Galiza digamos até hoxe. De por vida”, declarou a Sermos nunha entrevista hai poucas semanas. 
Ultimamente estaba a escribir letras para cancións de varios artistas galegos
Logo de casar con Anisia Miranda, unha moza cubana de ascendencia galega, trasládase a Cuba, onde creou o maior centro bibliográfico sobre a emigración galega en América, ademais de organizar eventos e conferencias relacionadas coa cultura galega. 
A parella regresou a Galiza definitivamente en 1992, cando a Xunta arranxa a súa casa natal e a convirte en Fundación Neira Vilas, cunha biblioteca, un pequeno museo etnográfico e unha sala de exposicións e concertos, que pronto se converte no centro cultural da comarca. 
Non deixou de escribir, dar conferencias e atender a todo o mundo que o precisaba até os últimos días da súa vida. Este mesmo ano publicou en Galaxia ‘Romaría de historias’.
Ultimamente estaba a escribir letras para cancións de varios artistas galegos. Saberemos del, da súa produción que seguirá o seu camiño, nos vindeiros meses. 











No seguinte video podedes ver as imaxes de Xaquín Marín na fermosa edición das "Memorias dun neno labrego" da Editorial Galaxia e a música de A Quenlla (inconfundible voz de Mini)





O mellor é seguir lendo a súa obra...sempre!


13 novembro 2015

Recopilatorio de materiais de ciencia en galego

Interésate a ciencia e non sabes donde buscar?

                           





Aquí tes un amplio e variado recopilatorio de materiais realizado polo equipo de Bibliotecas Escolares de Galicia:  ciencia en galego

E dentro deles seguro que vos interesa este enlace directo aos diferentes blogs de alumnos e alumnas galegos en materias como bioloxía, xeoloxía, matemáticas, tecnoloxía...



Marty McFly

"Marty McFly debe embarcarse nunha nova aventura cando o seu amigo Doc aparece de súpeto cunha versión modernizada do coche DeLorean..."

Sabedes de que estamos a falar? Gústanche os zapatos "robóticos" ou os monopatins voadores? Recoñeces esta imaxe???


Pois a que estades esperando? lede o seguinte artículo e de paso botade un vistazo ao blog de divulgación científica: ciencia galega

03 novembro 2015

NOVEMBRO: Mes da Ciencia en galego nas bibliotecas escolares


Ciencia, arte, poesía, tecnoloxía, teatro, matemáticas... Todas importantes, todas necesarias, todas presentes na biblioteca, no cole e na vida.

Pero desde hai uns anos intentamos que a CIENCIA sexa a protagonista do mes de novembro. Por iso, queremos poñer ao voso alcance, ademáis de todos os libros, enciclopedias e revistas do cole, unha serie de páxinas con artículos moi interesantes e variados sobre ciencia. E ciencia en galego, porque como dice Jorge Mira no manifesto que escribe este ano:


Cando un neno pequeno descobre algo que lle encanta, enseguida corre a dicirlles aos seus pais: “Mirade isto!”. Ese mesmo instinto é o que lanza a moitos científicos a divulgaren o seu coñecemento, a intentar que os que os rodean vexan o mesmo que eles ven. Ocorre, porén, que ás veces transmitir ese coñecemento non é trivial. Cómpre, polo tanto, un esforzo de axeitada tradución da ciencia para poderllo contar á maior cantidade de persoas. 
Nese proceso, a lingua, como soporte das ideas, xogará un papel fundamental. O galego, tanto pola riqueza que lle dá o seu milenio de historia, como pola súa condición de porta aberta a centos de millóns de persoas da lusofonía, é vehículo esencial para transportar masivamente a ciencia e o labor dos moitos científicos de excelencia que temos en Galicia. 

Se queres ler o texto completo do manifesto pincha aquí


27 outubro 2015

O Samaín chegou á biblio

O Samaín xa está aquí e xa temos preparada a biblioteca de infantil e primaria para que tí o pases.... DE MEDO!!! Atréveste a entrar...



entrea e poderás ver cantas sorpresas che agardan dentro:








23 outubro 2015

DÍA DA BIBLIOTECA

Mañá é o DÍA DAS BIBLIOTECAS e, como non hai cole, hoxe non quixemos perdernos esta celebración.
Os peques de infantil e primaria disfrutamos dun "proxecto lector" especial na biblioteca. No derradeiro trimestre do curso pasado creamos un libro viaxeiro sobre a historia de LIBRATO, a mascota da nosa biblioteca; tiñamos pendente a súa lectura en común e fixémolo hoxe. Foi unha lectura especial, pois dela encargáronse os nosos "profes en prácticas": Noelia, Paula e Rubén.
Despois entregámoslles a todos os alumnos un marcapáxinas, confeccionado polos dous deseños gañadores do concurso de marcapáxinas, correspondentes a Laura Gómez (2º EP) e David Portos (6º EP).


07 outubro 2015

Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015


Que boa forma de comezar o mes de outubro...coa escritora viguesa Ledicia Costas como gañadora este ano do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.


O ano pasado mercamos este libro, lembrades?

E tamén vos aconsellamos a revista dixital CRIATURAS da que é coordinadora. Paga a pena botar unha ollada !!

01 outubro 2015

ARTE URBANO que transforma...BOA MISTURA

Nalgunha outra ocasión xa vos recomendamos a visita ao blog MICROSIERVOS para poder ver interesantes entradas sobre arte, ciencia, xogos, ecoloxía...

Esta vez queremos que pinchedes no enlace para que podades resolver esta dúbida do artista do grupo BOA MISTURA:
"Ya tiene algún tiempo, pero me ha encantado esta charla de Rubén, del colectivo Boa mistura en TEDx Madrid, en la que explica lo que les lleva a levantarse en medio de la noche, jugándose el tipo, para ir a pintar las ciudades de forma ilegal, o al menos de forma ilegal la mayoría de las veces.
El arte como herramienta de cambio de espacios abandonados y como herramienta para unir a la gente. Mola"
E esta son  algunhas das fotos que podedes ver na súa páxina web dun fermosísimo proxecto levado a cabo nos grises pasos de peóns dunha cidade...Por que non podemos facer algo así??? Os compañeiros de 4º de ESO xa o están intentando. Veremos pronto os resultados dos seus deseños.


28 setembro 2015

CieNcIA DiVeRTiDa !!!

Queredes saber máis sobre ciencia...e sobre todo dun xeito máis divertido? Pois non deixedes de ver estas charlas de NAUKAS KIDS 2015 que tiveron lugar en Bilbao e que podemos disftutar grazas á televisión pública vasca, no seguinte enlace:




Poderedes coñecer máis sobre o sistema solar, sobre os dinosaurios, sobre os secretos das pirámides ou sobre ¡ cosas que voan! A que estades esperando !!

18 setembro 2015

Curta de animación "Un pez cun sorriso"


Queres gozar dunha fermosa curta de animación?

Esta feita a partir do album ilustrado do taiwanes Jimmy Liao.

Gañou o premio especial no Festival de Berlín de 2006 e é un fermoso canto á liberdade e a amizade.



29 maio 2015

Érguete e baila!

Porque traballar tamén son sorrisos.

Porque aprender tamén é gozar.

Porque bailar tamén é formarse.


Lembrando os días de Lugo en marzo compartindo, vivindo cos amigos de A Estrada.



27 maio 2015

ILUSIONES ÓPTICAS

Se non o vexo...non o creo. E, as veces, aínda que o vexamos directamente parécenos mentira.

Se queres saber de que falamos, pincha no seguinte video:



NON PODERÁS VELO UNHA SOA VEZ!!


20 maio 2015

FRAN BUENO visita Pontecarreira

O pasado venres, e antes de celebrar a VII Romería Galega co motivo da celebración do Día das Letras Galegas, recibimos no cole ao ilustrador Fran Bueno.





Autor galego de cómic, de fama e prestixio nacional (gañador entre outros do Premio Castelao de cómic 20113) e internacional (foi o primer galego con produción periódica no mundo do cómic americano).

Como gran profesional, amosounos as diferentes partes implicadas na creación dun cómic (desde a idea, o guión, o debuxo a lápiz, o entintado, a cor...). Un mundo complexo que descoñecíamos e que hai detrás dos grandes cómics para conseguir un bo resultado. Ese que agora comprendemos, apreciamos e valoramos mellor.

E, sobre todo, compartimos a súa xenerosidade ao valorar e recoñecer a todos os profesionais que participan nesta creación plástica. Fran foi quen de estimular aos rapaces da importancia do traballo en equipo, da suma das diferentes aptitudes e capacidades de cada un, da importancia da palabra e da imaxe, da importancia en suma da formación-información que cada un vai recopilando na súa vida e que logo expresa como mellor sabe. E él ben que o sabe facer!!!

Deixámosvos un pequeno video da súa visita na biblioteca, e, sobre todo, a invitación a que disfrutedes tamén de todos os bos cómics que temos nela . Como sempre, a clave é...DISFRUTA A LECTURA!!


Nos seguintes enlaces podedes atopar información máis completa sobre o cómic en Galicia, en España...e no mundo mundial!!!


E para comezar a debuxar e divertirse dunha manera sinxela aquí tedes unha serie de páxinas para crear cómics online ( a maioría non precisa inscribirse). pero lembra que ti eres quen de crear o teu propio cómic con tan só un lápiz, papel e o mellor de todo...a túa imaxinación!:



13 maio 2015

Movede os pés..e a lingua!!!

                                                Cartaz 2015: Galego, a nosa creación común!


Preparados, listos...xa!  En canto premades ao "PLAY" do seguinte enlace, todos a bailar e cantar!




                             

09 maio 2015

08 maio 2015

"Suma...únete a nós!"

Presentámosvos o video que o alumnado de 1º de ESO presentou á Consellería de Sanidade, dentro do proxecto "Clases sen fume" no que vimos participando desde hai anos. 

Como non podía ser doutro xeito con esta "panda" de artistas...prepararon un rap donde vos animan a "Sumar"... e non  a "fumar". Canta diferencia nunha soa letra destes verbos!

Disfrutade do video e dunha vida saudable e compartida cos amigos!!!




28 abril 2015

Photocall en Secundaria

E despois de posar e posar...imos ver o resultado do photocall de secundaria.

"Mergullámonos nese océano de palabras" cun fondo vermello moi favorecedor, non si?





26 abril 2015

24 abril 2015

Slogans, Photocall e LIBRO VIVO!

A entrada do cole de Secundaria apareceu onte moi engalanada. 

E non era para menos pois, para festexar o Día do Libro, colgamos os slogans que recompilamos estes días e preparamos o photocall coas portadas dos libros e máis o slogan gañador (Noraboa MARCIAL !!).









Pero si "alguén" foi e será o protagonista é o Libro Vivo que vos presentamos. Acaba de chegar onde nós para medrar con todos vós. Está esperando que as vosas palabras, ideas, sensacións, comentarios, suxerencias, creacións...enchan as páxinas en blanco e nos axuden a todos a coñecernos, convivir e compartir experiencias. 

Animádevos a comezar!!!


Photocall de educación infantil e primaria

Aquí vos deixamos as fotos do noso alumnado posando no photocall feito co motivo do "día do libro". Ademáis de elixir o seu libro favorito e un eslógan caracterizáronse dos personaxes dos contos.

23 abril 2015

Lecturas no patio para festexar o Día do Libro 2015

Hoxe, DÍA DO LIBRO, os peques de infantil e o alumnado de primaria sacamos os nosos libros ao patio durante o proxecto lector e disfrutamos dunhas soleadas lecturas.


22 abril 2015

21 de ABRIL...Que título te suxire esta imaxe?

Esa foi a pregunta e a Biblioteca e mais a clase de Plástica "buliron" de ideas, búsqueda de obras nos andeis, cortes e recortes...



E aquí unha vista da exposición dos resultados na entrada da biblioteca: 



Premede no seguinte enlace para poder apreciar algunha delas máis cerca. Temos unha boa canteira de futuros deseñadores gráficos en Pontecarreira!!




Unha actividade moi creativa e divertida para comezar as celebracións da Semana do Libro en Secundaria.

18 abril 2015

Semana do LIBRO

A semana do 17 ao 24 de abril imos celebrar por todo o alto, o baixo e máis alá..." a Semana do Libro. 

Xa comenzamos cos preparativos para ir "poñendo ghuapo" o cole e organizando as actividades que imos realizar.  Aquí tedes un avance  "do que podemos contar...e do que non!!!":





Para esta festa empezaremos por decorar o panel de información de biblioteca da entrada ao centro para divertirnos cun Photocall o Día 23. Os profes dos distintos departamentos encárganse de seleccionar e imprimir unha selección de portadas de libros dos seus departamentos que podedes atopar na biblioteca. Os alumnos serán os responsables do slogan. Xa o venres 17 fixeramos a primeira xuntanza...pero foi tanta e de tanta calidade a representación e propostas que non dimos rematada a actividade!!! Non vos preocupedes, temos uns días para poñelo en marcha. 

Tamén levades "traballo" para a fin de semana. Buscade o voso libro preferido, o que queredes compartir con nós e mandade unha foto con él ao noso correo de biblioteca. Podedes disfrazarvos, preparar unha pequena escenografía ou buscar un obxecto co que relacionedes o libro e... foto!!! Compartiremos no blog as vosas recomendacións e coñecerémosvos un pouco máis aínda...porque...."Dime con quen andas....;)))))

O martes e o mércores temos "actividades sorpresa"!. Tan só podemos dicir...que xogaremos coas palabras e as imaxes.  Precisades: tesoiras, pegamento, lápiz e pinturas ou rotuladores e sobre todo...moita, moita imaxinación e creatividade!!! Non vos preocupedes, non estaredes sós, serán  actividades en parella.

O xoves é "O Día grande da FESTA" !!! O 23 de Abril sacaremos a pasear algún dos noso libros preferidos e  farémonos fotos cos homenaxeados e máis cos nosos amigos e compañeiros. Agasallarémosnos cunhas imaxes para lembrar esta data celebrada mundialmente.

E para seguir cos agasallos durante todo o ano, mercaremos un libro especial, en branco, que colocaremos na entrada á nosa biblioteca para que de agora en adiante poidamos deixar alí escrito todo aquelo que escribamos, redactemos, pensemos, atopemos nun libro, unha cita importante...e que queiramos regalar aos nosos compañeiros de agora e aos que están por vir. Será un libro vivo,  que medrará con vós, aberto ás vosas lembranzas, sonos, pensamentos, dúbidas, queixas, experiencias ao fin e ao cabo. Ese si que será un bo agasallo para o Centro!

E por último, xa sen data, organizaremos grupos para que grabedes os vosos pequenos videos recomendando un libro e que colgaremos no noso blog. Teredes que ser vós os que preparedes a escenografía, os encuadres, o guión, repartir os  papeis do equipo de grabación, montaxe, etc. Xa sabedes que estaremos por alí para axudarvos se o precisades...pero estamos seguros que seredes capaces de facelo sós...e sorprendernos!!!

Pois de momento...esto é todo amigos! Que comence a FESTA!!!



11 abril 2015

Os peques do cole saben disfrutar do pracer da lectura

Mirade que ben o pasan os peques de infantil na biblioteca do cole. Encántanlles os libros!

Lendo poesía no patio

Xa hai uns días que os nosos voluntarios da biblio prepararon un CARRO POÉTICO, coa finalidade de festexar o DÍA-SEMANA da poesía. Tiñamos todo preparado para realizar esta actividade no patio, disfrutanto da poesía e do sol da tan esperada primavera pero... o sol fíxose esperar e a nosa actividade tamén.
A espera mereceu a pena e durante esta semana disfrutamos de varias sesións de lecturas poéticas.





















21M. DÍA SÍNDROME DE DOWN

 Hoxe recomendámoche...