14 decembro 2014

Coidado co gato!!!

Estes días algo "misterioso" estivo a acontecer nos corredores do Centro de Secundaria. Nalgunha columna da entrada apareceran uns ollos moi...





Foron uns intres de curiosidade, "medo", busca...e finalmente, encontro co dono dese verde intenso...





Se queres saber máis da historia do gato e dos "seus donos" pincha no seguinte enlace de Blacksad




Fotos Prometidas

Pois iso...prometímosvos unhas fotos coas frases contra a violencia de xénero...e aquí están...



















25 novembro 2014

25 de Novembro: NON á VIOLENCIA de xénero!

Hoxe, en Secundaria, fixeramos "un photocall" acompañados polos cartaces que entre todos vós creástedes estas semanas no obradoiro da Mancomunidade sobre a violencia de xénero. Coidamos que foron momentos de reflexión e de recoñecemento destas actitudes que aínda sigue entre nós, e que só con educación, formación, sensibilización e loita de todos e cada un de nós poderemos arrinconar. En breve subiremos as fotos.

Polo momento disfrutade desta fermosa canción para homenaxear a todas as mulleres, "As matriarcas". É un adelanto do que será o segundo disco de Guadi Galego (antiga cantante de Berrogüeto) titulado "Lúas de outubro e agosto". Homenaxeando a todas as mulleres que están ao noso carón: nais, irmás, a amiga, a noiva, a avoa...Imaxes tenras, sinxelas e belas. Para que NUNCA, ningunha delas, ningunha e ningún de nós, teñamos que sufrir a violencia de xénero.


E para informarvos máis sobre o tema pinchade no seguinte enlace tan elaborado da biblioteca escolar do CPI da Cañiza onde recollen unha gran cantidade de material moi interesante, videos, datos, estadísticas...


E uns dos vosos traballos:








19 novembro 2014

ROSETTA...conquista o ESPAZO!

ESA...Quen é ESA ?

E agora que coñecemos a ESA...imos a por ROSETTA? 


Pode ser esta ROSETTA da fotografía, moi interesante sen dúbida porque permítenos coñecer moito do noso pasado, das primeiras linguas coas que os nosos antepasados comunicábanse.



Mais, nestes momentos, "outra ROSETTA" póñenos en contacto co noso futuro.





Aquí abaixo tedes uns cantos artigos, blogs de ciencia e videos para acompañar a Rosetta polo espazo compartindo os descubrementos históricos que estamos a vivir en tempo real. Quen sabe, cando teñades fillos e netos poderedes contarlles: "Eu estiven alí.  Eu vivin o momento histórico de Rosetta..". 

Por certo, sabes quen é "PHILAE"? Escríbenos nun comentario á entrada.






16 novembro 2014

Novembro, mes da CIENCIA EN GALEGO

Dende a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES






Este ano iniciase esta actuación cunha imaxe alusiva e un MANIFESTO do científico ÁNGEL CARRACEDO, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela.







Desde a Asesoría de Bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia, en galego se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogues de ciencia dos centros educativos, experiencias doutras bibliotecas escolares, etc.

Pasade e disfrutade da Ciencia!!! 



31 outubro 2014

Lectura de meeeeedo!!!

Ao longo desta semana disfrutamos de varias lecturas "terrorificas" por parte do alumnado colaborador da biblioteca. Prepararon lecturas de: "A casiña de chiculate", "Xuizo por asasinato", "O home do saco",....




27 outubro 2014

A NOSA BIBLIOTECA LISTA PARA O SAMAÍN

Achégase o Samaín e na nosa biblioteca xa está todo listo para que disfrutes da nosa selección de libros de "medo" á lus das candeas.








24 outubro 2014

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe é o día das bibliotecas escolares. E nós quixemos festexalo.
O lema elixido para este ano 2014-2015 é BIBLITOECA ESCOLAR... MATEMÁTICO!!!, e nós, coa axuda dos nosos alumnos, fixemos unha exposición de fondos da nosa biblio realcionados co tema.







E todos xuntos difrutamos do curto de Disney: Donald y las matemáticas. Aquí volo deixamos para que vós tamén o disdrutedes. 

22 outubro 2014

Exposición de Arte e Ciencia




Nesta noticia da Televisión Galega poderedes ver a presentación dunha mostra moi interesante en Lugo sobre Arte e Ciencia.

Animádevos a visitala e de paso , pasead pola muralla milenaria !!


17 outubro 2014


Hoxe a información vai de música:

Galician Tunes é unha web a través da que se difunde a música galega. O seu catálogo, que tamén dá acceso a 410 vídeos musicais e a información sobre 325 discos, permanece aberto á incorporación de novas bandas, artistas, empresas e festivais galegos.
Desenvolvida a través da Agadic e en colaboración con AGEM e Músicos ao Vivo, busca converterse nunha ferramenta útil cara a unha maior visibilidade social e proxección da industria musical galega baixo esta marca común.

29 setembro 2014

22 setembro 2014

BENVID@S A ESTE NOVO CURSO

Pois como di o título da entrada..Benvid@s a este novo curso. O verán pasa "voando" pero estamos seguros que o aproveitástedes ben, non si? Seguro que atopáchedes libros, cómics, relatos e poesías que vos transportaron a "outros mundos", que vos ensinaron a viaxar, dentro e fora de vós mesmos.

 Xa nos contaredes!!!        


Agora no cole estamos a organizar este novo curso con moitas ganas. Eleximos libros novos para a Hora de Ler, apuntámonos en Secundaria ao Club de Lectura e máis a teatro para ir organizando os grupos, suxerimos libros novos para mercar cos cartos do PLAMBE que pronto estarán na mesa de Novidades... 

Pero polo de agora deixámosvos coa dirección dun blog donde nos mostra as novidades editoriais máis vendidas en xullo e agosto...por se vos sirve de referencia. Lembrade visitar o blog e as súas diferentes seccións durante todo o ano porque é ben interesante:

22 maio 2014

FRAGAS DO EUME E PRAIA DE CABANAS


O pasado mércores 14 de maio tivemos un día moi especial en Secundaria. Fixeramos unha excursión de todo o día ás Fragas do Eume e máis á praia de Cabanas, en Pontedeume. 
Pero antes da visita tivemos un par de semanas de traballo documental na biblioteca. Os alumnos de 4º ESO recopilaron a información obtida polos outros cursos sobre fauna, flora, patrimonio cultural,etc. da zona e realizaron unha presentación que visualizamos xuntos o martes, antes de facer á visita. Un bo traballo de coordinación!
E ademáis, dentro da asignatura de Educación fFísica, encargáronse tamén de organizar unha saída ao exterior, programando horarios, comidas, xogos...Temos que decir que todo saiu estupendamente, así que  ben poden ser uns monitores de tempo libre cualificados..;))))


Na entrada do Parque Natural das Fragas, o mércores 14, esperábannos Franky e máis Pablo para explicarnos de primeira man todo o que sabían da flora e da fauna desta marabillosa paisaxe. Eso si que foi unha clase de Bioloxía en vivo e en directo. Faláronnos das diferentes especies de árbores que íamos atopando, desde a parte máis técnica ata un montón de curiosidades como propiedades medicinais, para que a empregaban os nosos avós, etc. Tamén descubrimos a cantidade de fiunchos diferentes que podemos observar na Fraga, e mesmo algúns deles, como o fiuncho real, que xa existira na época dos dinosaurios!


Aproveitamos o precioso día para percorrer os camiños e pontes colgantes, para sentarnos ao carón dun secadoiro de castanas escoitando máis anécdotas e curiosidades da zona ou para disfrutar das preciosas floreciñas silvestres desta época do ano.


E sobre a unha da tarde fomos cara á praia de Cabanas...cun día de verán total!!! Despois do xantar (mmmm...que ricos eses bocatas de xamón e queixo baixo os pinos!) tivemos tempo libre. E logo a xogar en tres grupos mixtos que tan ben organizaran os compañeiros de 4º: voleibol praia, escondite e atrapa a bandeira...que ledicia! Así que ben merecimos un chapuzón...e animaronse moitos! Auga fresquiña, carreiras e chapuzóns!
 

Non tiñamos ganas de voltar para casa..."Podemos vir outro día?"...;))))


09 maio 2014

Outro Premio para AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ


          








Non deixes de visitar a páxina web Agustín Fernández Paz , escritor máis que coñecido por todos nós e que acaba de recibir un novo premio, o Premio Trasalba


Así se conta na páxina do Consello da Cultura Galega:

A xunta de goberno da Fundación Otero Pedrayo acordou outorgarlle o seu Premio Trasalba deste ano ao escritor Agustín Fernández Paz. A entidade recoñece así na edición número 32 dos seus galardóns o traballo do autor "no eido da literatura dirixida aos lectores máis novos" así como "o seu compromiso coa lingua e os movementos de renovación pedagóxica que empezaron a desenvolverse a partir dos anos 80". Fernández Paz recibirá o galardón na casa museo de Ramón Otero Pedrayo o vindeiro 29 de xuño, nun acto no que tamén se presentará un libro homenaxe sobre a súa vida e obra realizado para a ocasión.

21M. DÍA SÍNDROME DE DOWN

 Hoxe recomendámoche...