27 febreiro 2013

Celebrando a ROSALÍA en Pontecarreira

Deixámosvos aquí un Glogster (poster dixital) cos videos que gravamos para conmemorar o Día de Rosalía. Hai un enlace tamén con algunha das súas poesías relacionadas coa Natureza.

Disfrutade!

http://www.glogster.com/gemacc/rosalia-de-castro-en-pontecarreira-2013/g-6ku8cctcf2p5ohaq0t524a0

NORABOA !!!

E xa temos GaÑaDoReS do Concurso de S. Valentín!!!!

NORABOA a "Chatina" e "Venus" por esas emotivas microcartas que chegaron aos nosos corazóns...e quen sabe se ademáis darán "outros" froitos...Pronto chega a primavera!

En breve os agasallos!!! e a foto de recordo para o noso blog.

VOTA POLA MICROCARTA DE SAN VALENTIN 2013!!!

Grazas pola gran participación no Concurso!!!

E agora, despois dunha primeira selección por parte dos profesores, temos cinco cartas para que sexades vos os que elixades:



1.- En la aritmética del amor uno más uno es igual a todo, y dos menos uno es igual a nada.
Paloma


2.- Namóraste de quen te arroupa cada noite, de quen te aloumiña dende o primeiro amencer. Quen che regala a vida, namórate. Feliz día mamá.
Venus


3.- O amor é o sentimento máis imprevisible do mundo. Nunca sabes cómo, cando ou donde. So surxe, sen avisar.
Multicolor


4.- Eres realmente lo que me hace sentir feliz.
ESMERALDA


5.- querote non so por cómo eres, senon por como son ao teu lado.
CHATINA

21 febreiro 2013

LENDO A ROSALÍA...EN PRIMARIA



Mirade que marabillosa interpretación do poema "Has de cantar" de Rosalía de Castro polas nosas compañeiras e compañeiros de Primaria. Da gusto ver a seguridade coa que recitan e interpretan!!

 Parabéns!!!

http://www.youtube.com/watch?v=wKh08ih-6vk

20 febreiro 2013

ROSALÍA de Castro e "Cantares Gallegos"

Estimado alumnado,

Rematada xa a fase de escritura deses "marabillosos" mini-poemas-cartas-notas que mandáchedes polo San Valentín...(que hai que ver, por certo, cómo "bulían" eses corazóns esta semana pola Biblio...), pois iso, que xa só queda esperar uns días para a toma de decisións e o fallo do xurado.

Pero tanto se gañades o premio do Concurso como se non...nada sería mellor que "GAÑAR" ese corazón perdido que ao mellor agoraaaa...atopáis!!! Ben, ímolo vendo!


E para ir tomando posicións cara a celebración do 150 Aniversario da publicación de "Cantares Gallegos" deixámosvos este estupendo traballo sobre a vida e obra de Rosalía, realizado polos compañeiros da Biblioteca do CEIP de Andrade, en Pontedeume, que estamos seguros ides disfrutar:

http://prezi.com/zuxoa2jr-7rf/rosalia-de-castro/?auth_key=a3018916ec70ee1620142b9badb4107a0ba70de8

Dentro de pouco subiremos tamén a nosa aportación á celebración desta data coa magnífica representación das alumnas e alumnos de 4º. Pero non adelantemos acontecimentos... Seguide visitando o blog nos vindiros días!

09 febreiro 2013

NAMORÉMONOS...EN POUCAS PALABRAS...


NAMORÉMONOS... EN POUCAS PALABRAS


Xa sabemos que estades esperando estas datas "coma auga de maio"...e claro que en Febreiro toca falar de AMOR!!!


Así que desde a Biblio propoñémosvos, como sempre, o Concurso "Cartas de Amor"...pero esta vez con diferente formato e bases.

Imos logo!:

Primeira: Os participantes presentarán a súa creación literaria ("carta") cunha extensión máxima de 140 palabras (que dan moito xogo, eh...e non hai porque usalas todas!)

Segunda:  Na temática non somos moi "orixinais": O amor, en calquera das súas manifestacións: amor, desamor...

Terceira: O lugar onde deberéis mandalas...ATENCIÓN...é a este blog, escribide onde pon "Comentarios" ao finalizar esta entrada. Lembrade asinar con seudónimo.

Cuarta: Tedes de plazo ata o 15 de Febreiro inclusive ( si, si, xa sabemos que o 14 é S. Valentín...pero que lle imos facer, na Ponte somos así de orixinais!)

Quinta: Non esquezas pasar pola Biblioteca nos recreos do 14 ou 15 para deixar o teu sobre co seudónimo por fora e o teu nome real no interior.

Sexta: Ten paciencia, porque o día 20 de Febreiro saberemos quen é o gañador ou gañadora deste ano (quen, por suposto recibirá un agarimoso agasallo).

E por último animarvos a todos a que participides, tanto escribindo as cartas como disfrutando da lectura das mesmas...

Veña!!!
Lanzade eses bicos, apertas, achuchóns, emocións, sentimentos...
 ÁNIMO!!!




  

04 febreiro 2013

GAÑADORA "II Concurso Fotografía"

Parece mentira que aínda non mostraramos as fotos gañadoras do noso "II Concurso de Fotografía"...pero va pasando o tempo e...

A nosa gañadora, máis ben supergañadora pois as dúas fotos son dela é.....Sandra Mella, de 3º de ESO. 

NORABOA!!! 

As fotos son preciosas e parece que tes unha gran sensibilidade pola imaxe...quen sabe se dentro duns anos verémolas en portadas e concursos nacionais e internacionais...,)

Aquí as tedes, e no noso corredor xa están colgadas para que poidamos admiralas cando imos ao patio.






21M. DÍA SÍNDROME DE DOWN

 Hoxe recomendámoche...